
NENA
UNHA CURTAMETRAXE DE
XOSÉ A. TOURIÑÁN
Sinopse
Unha familia de cinco vese cambaleada pola morte dunha muller: nai, esposa, nora, cuñada… Unha situación que desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a unha nena de doce anos de idade.
Un avó curtido noutra época e máis preocupado polos cartos que polo afecto. Un tío cun grande corazón de neno, mais cunha discapacidade intelectual que o converte en dependente nun sinfín de situacións. Un pai destrozado por un loito permanente e refuxiado na bebida como escape á propia realidade.
Unha nena. Unha adolescente que acaba por converterse na figura ausente, esa muller piar da unidade familiar, mais con tan só doce anos de idade. Unha nena que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva as súas costas a supervivencia de tres homes.
A pasividade destas tres figuras só mudará ante a marcha da adolescente. Un desenlace que deixa desamparados a tres homes baixo un mesmo teito. Un punto de inflexión sobre o que actuar para traela de volta.
PROTAGONISTAS

Antía Touriñán
Nena é unha cativa de 12 anos, alegre, espelida e imaxinativa que vive co seu avó, o seu tío e o seu pai logo de perder á nai. Tras o falecemento, o seu mundo e a súa forma de vida derrúbase e intenta ocupar o rol que desempeñaba a súa nai na familia, mantendo a fortaleza e a alegría e intentando coidar dos demais.

Xosé A. Touriñán
Abatido pola morte da súa muller, Pai é un home alegre e bromista que ve apagada toda a súa felicidade por unha gran perda que non sabe xestionar. Para pasar o loito, refúxiase na bebida vendo que nunca poderá cumprir o papel que a súa muller desempeñaba na familia. Ela era quen coidaba de todos. Sinte que non é capaz de coidar da súa filla, nin sequera é capaz de coidar de si mesmo.

Carlos Blanco
Carlos Blanco interpreta un avó gandeiro que vive e traballa cos seus dous fillos. Avó é un home bromista e traballador que pasa o seu tempo coidando das vacas e a preocupado polos cartos. Tras a morte da súa nora, o seu fillo está sumido nunha tristeza que o consome. Él, enténdeo, pero quere que volva ás súas responsabilidades, ao traballo, a coidar de Nena e que se comporte “coma un home”.

David Perdomo
Cun gran corazón, Tío ten un trastorno de desenvolvemento intelectual e un grande amor por Nena. É un home inxenuo, sensible e con gran corazón que pese a non comprender todo o mundo, esfórzase por coidar dos seus, aos que ve afundidos. Nena, pola súa banda, trata de coidar del e de que non se sinta apartado do resto mentres seu pai e seu irmán pasan o loito sen estar pendentes das súas necesidades.
TRÁILER
Imaxes










Equipo
- Produción
Undodez e Mordisco Films - Director
Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias - Produción executiva
Xosé A. Touriñán e Alberto Díaz - Guión
Xosé A. Touriñán - Intérpretes
Antía Touriñán, Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón, Andrés Touriñán, Sergio Zearreta, Andrés Mahía, Rubén Prieto, Octavio Villazala - Director de fotografía
Pedro Tizón - Director de arte
Tania Villaga - Montaxe
Vanessa García Sampedro - Música
Belém Tajes - Dirección de produción
Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa - Xefe de produción
Miguel Vázquez - Axudante de dirección
Isabel Escrigas - Son
Santi Jul - Maquillaxe e perruquería
Pilar Rodríguez - Vestiario
Raquel Iglesias
Festivais
Premios
- FIV Vilafamés
Mellor Curtametraxe
2023 - El Pecado
Mellor Curta de Ficción
2023 - Festival de Cine Curto de Ribadeo
Mellor Curtametraxe
2023 - Semana de Cine de Lugo
Mellor Película Galega
2023 - Galapán Film Festival
Mención Especial do Xurado
2023 - Cencor
Mellor Curta
2023 - Mostra de Curtas Vila de Noia
Premio Especial Blog Cine Español
2023 - Mostra de Curtas Vila de Noia
Premio Mellor Actor
2023 - Firm Film Festival
Mejor Cortometraje de Ficción
2024 - Firm Film Festival
Premio del Público
2024 - FICCI-ON
Mención Especial del Jurado
2024 - Festival de Cine Rural y Montaña
Mención Especial
2024 - Festival ¡CORT… en!
Premio Mellor Actriz
2024 - FIC Ledesma
Mellor Curta de Ficción
2024 - FIC Ledesma
Mellor Dirección
2024 - FIC Ledesma
Mellor Actriz
2024 - SOIFF
Mellor Dirección de Fotografía
2024 - SOIFF
Premio PNR Ópera Prima
2024
Seleccións
- Moinho Cine Fest
- Anchorage Internacional Film Festival
- Macau International Short Film Festival
- Xociviga – International Short Film Festival
- Certamen Internacional de Cortos Ciudad de Soria (Soiff)
- Festival Internacional de Cine Villa de Ledesma
- Daroca&Prisión Film Fest
- Vitafest
- Corten – Ciudad de Calahorra
- Les Percéides
- Mostra de Cinema do Rosal
- San Francisco Frozen Film Festival
- FIC Vía XIV Verín
- Psarokokalo International Film Festival
- Filmserè – Festival Internacional de Curtmetratges de La Florida
- Festival Internacional de Cine de Ciudad Rodrigo (FICCI-ON)
- Festival de Cine Rural y Montaña de Cervera de Pisuerga
- Firm Film Festival
- FICCUE – Festival Internacional de cine de comedia en Cuenca
- Mostra Internacional de Curtmetratges de Les Corts
- Festival de cine Sant Joan d’Alacant
- FICEE – Festival Internacional de Cine Educativo y Espiritual de Ciudad Rodrigo
- Premios Mestre Mateo
- Blogos de oro
- Curiosa Shorts
- Cortos divinos
- Sueños en corto
- Alma Festival Internacional de Cortometrajes de Almassora
- Festival Internacional de Cine Social de Peñíscola
- Festival de Cortos ‘Villa de La Orotava’
- Mostra de Curtas Vila de Noia
- Cinesan
- Festival de cine de Zaragoza
- Ollo de Boi Festival de Cine Curto de Ribadeo
- Curtas Vilagracía, Festival do Imaxinario
- Guadalcanal en Corto – Sonría por favor
- Rani Durgavati International Film Festival
- Cencor- Festival de cortos de Orcasitas
- Babel Film Festival
- Semana de Cine de Lugo
- John Balan Fest
- Ribadebeva En Corto – Festival Nacional De Cortometrajes Al Aire Libre
- Charcajada Film Fest
- Festival Europeo de Cortometrajes Villamayor de Cine
- Certamen de Cortometrajes El Pecado
- Cerdanya Film Festival
- Galapán Film Festival
- Festival de Cine Comprometido FESCIGU de Guadalajara
- Festival Internacional De Cortometrajes Luna de Cortos
- Fiv Vilafamés
Prensa
- FICCI-ON entrega con un canto a la paz los premios de su 13ª edición
Salamanca al día, 29/04/2024 - As curtametraxes ‘Nena’ e ‘A Rabia’ serán proxectas en diferentes municipios da Mariña e do sur de Lugo
Sarria xa, 25/12/23 - Touriñán estrena ‘Nena’ en Castelo Conta
Cadena SER, 24/08/23 - El corto ‘Nena’ se alza campeón en el certamen ‘El Pecado 2023’ de Llerena
El Periódico de Extremadura, 07/08/23 - ‘Nena’ gaña o premio do público no FIC Vilafamés
Ainé, 03/07/23 - Los cortometrajes ‘Nena’ y ‘Paris70’ copan el palmarés del FIV de Villafamés – Castellón
Castellón Diario, 02/07/23 - Xosé Touriñán debuta como director en Mondoñedo coa curtametraxe ‘Nena’
El Progreso, 28/06/22 - Touriñán rueda esta semana un cortometraje en Mondoñedo que él mismo dirige
La Voz de Galicia, 27/06/22
Contacto
ola@undodez.gal · 881 946 972